_agenda Agenda

Aquí danche razóns para non privatizar a sanidade

A Asociación Veciñal Val do Fragoso ofrece esta tarde (19:30 horas) unha charla coloquio na súa sede sobre as razóns polas que non se debe privatizar a sanidade pública. Durante o acto interverán Francisco Reyes Santias, avogado, doutor en económicas pola Facultade de Santiago, Epidemiólogo e Investigador clínico do CHUS; Manuel González Garrido, de Esquerda Unida; Manuel González Moreira, do Bloque Nacionalista Galego, e José Manuel Fernández González, membro da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e representante do Movemento Veciñal.

Estades todos invitados á rúa Val Miñor, enfronte ao estadio de Balaídos.

También te puede interesar