Vigo al minuto

A CIG denuncia a «actitude cobarde» do alcalde na paralización das obras do Auditorio

Os traballadores, onte, paralizando as obras do Auditorio de Vigo
Os traballadores, onte, paralizando as obras do Auditorio de Vigo

O Concello non é o único que incumple a legalidade na construcción. O secretario nacional da CIG-Construcción indicou hoxe que a protesta iniciada nas obras do Auditorio de Vigo continuará, a semán que ven, nunha obra da Xunta na que tampouco respétanse os horarios e a legislación en materia de seguridade e contratación.

Xosé Xoán Melón, manifestó que a paralización do Auditorio, onte, foi para denunciar os problemas que está a sufrir o sector, declarou que, maila a vixiancia dos sindicatos das consdicións de seguridade e saúde laboral nas obras do Plan E en Vigo, “estas non se cumpren de todo polos vicios herdados nos que os técnicos mancipáis teñen un papel importante “xa que controlan e deciden todo”.

Melón calificou a actitude do alcalde, que manifestó que o peche na construcción do Auditorio era un problema da empresa e non do Concello, de “cobarde e lembrou que o Concello de Vigo é o responsable da obra e que Caballero ten moito que decir, “é o responsable para as fotos e para falar de prazos pero non cando non se respecta a legalidade?“.

O sindicato avanozou que mañá falará cos tres grupos municipáis para trasladarlles as súas demandas e sinalou que nos incumprimentos do convenio hai un fraude en tres sensos: nas horas de maís que se traballan e non se declaran a Facenda, “no feito de que non se reflicten nas nóninas e, porén, non se cotizan á Seguridade Social”, e no desemprego que xenera esta actitude.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.