Vigo al minuto

Chus Lago cree que é lóxico que o zoo pase a inspección da Xunta

monoO zoo está listo para revista…a revista que van facer os técnicos da Xunta para verificar que non hai rebelión na granxa e que a osa é maior, sí, pero non para seres a aboa de Yogui. A concelleira de Medio Ambiente, acompañada polos medios de comunicación, percorreu hoxe todas as instalacións e asegurou que xa estaban en marcha moitas destas obras e que se aceleraron para poder pasar a inspección . Polo de agora , segundo afirmou , o Concello non ten coñecemento oficial do informe do goberno autónomo aínda que agarda que a resolución será positiva.

Neste sentido a necesidade de adaptarse á normativa comunitaria afectou a obras menores como o acondicionamento do recinto dos osos, tigres e leóns, o levantamento de barreras para preservar a intimidade dos animais ademáis da construcción da cuarentena. Éste último, tal e como avanzou Chus Lago, estará rematado nun breve prazo de tempo.

A concelleira socialista insistiu en que a maior partes dos requerimentos eran documentais e de protocolo. Así, Lago incidiu nos proxectos que leva adiante a instalación viguesa como o recinto dos lobos, que entrará en funcionamento en dous ou tres meses ou a apertura do Nocturama, do que poderán disfrutar todos os visitantes “en pouco tempo“.

“Temos un plan de inversión dende hai tempo e agora o que estamos é facendoo visible e agradable ao público”. A concelleira falou doutros proxectos de futuro que consistirán na modernización da parte superior do zoolóxico, na reforma doutros recintos ou da adquisición de novos animais.

 

You may also like