Galicia

Este verán estás invitado a Galicia

Se eres galego ou descendente e resides fóra, a Xunta ten preparado para ti uns cantos campamentos de verán. En total haberá 336 prazas para os campamentos ‘Galicia: verde e azul’ e ‘Rotas coñece Galicia’, que se desenvolverá en dúas quendas no mes de xullo.

No primeiro programa ofrécese aos mozos de 14 a 17 anos coñecer mellor Galiza cunha estancia de 6 días en Palas de Rei e outros 6 na zona de costa, en Bergondo. Mentres, no segundo, para rapaces de 14 a 20 anos, farase un campamento itinerante con estancias de 4 días en Lugo, Ourense, Vigo e Bergondo.

Ademáis, convócanse 40 prazas para campos de traballo en distintas localidades galegas para mozos de entre 18 e 30 anos nos que facer arqueoloxía, animación sociocultural, social e ambiental, combinado con actividades de convivencia, animación e lecer.

Se queres participar podes presentar a túa solicitude ata o 12 de abril. Tes toda a información na web da Secretaría Xeral de Emigración.

También te puede interesar