Curiosidades Galicia

A mellor xovenca de Europa muxe en galego

A xovenca Selena.
A xovenca Selena.

Se unha vaca ten entre 12 e 24 meses e está destinada á recría, ten nome propio: xovenca. E unha análise xenómica demostrou que a mellor está en Galicia. Trátase de Selena, que forma parte do Programa de Mellora Gandeira de Galicia que a Consellería do Medio Rural e a Federación Frisona Galega desenvolven la Unidade de Transferencia Embrionaria de Guísamo, en Begondo.

A través dun estudo do ADN destes animais podese descubrir que exemplares portan determinados xenes que codifican características moi apreciadas e buscadas nos esquemas de selección. No ranking europeo as xovencas son ordenadas polo índice global americano no que, con 2.465 puntos, Selena supera con creces á xovenca holandesa que ostentaba o título ata o momento. O segundo posto é para Secret, unha irmá de Selena, ambas procedentes dunha familia de vacas de Canadá.

Ademáis, Selena tamén é a primeira da lista de Europa tendo en conta o índice de Mérito Neto, cun valor de 853 puntos, un índice americano que valora os animais en función da súa rendabilidade económica.

También te puede interesar