Galicia

Queremos Galego pensa ir aos xuzgados para garantir o uso do galego

Creará unha comisión xurídica composta por profesionais da xustiza para dotar de garantía xurídica todo o proceso. A plataforma Queremos Galego comezará a recoller sinaturas para evidenciar o apoio social á Iniciativa Lexislativa Popular rexeitada pola Mesa do Parlamento, ademáis de outras medidas legais e sociais: estudiarase interpoñer un recurso de amparo ante os tribunais contra esta decisión.

Una proposición de lei por iniciativa popular posta en marcha por nomes senlleiros da vida cultural e social de Galicia (Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Margarita Ledo ou Kiko da Silva, entre outros) e que “pretende garantir plenamente a posibilidade de uso do galego dos cidadáns perante a adminisración galega” desenvolvendo o establecido na Lei de Normalización Lingüística e na Carta europea de linguas minorizadas.

A admisión a trámite desta proposta de lei non implica a súa aprobación, senón que marca o inicio dun periodo de recollida de sinaturas ata conseguir 15.000 para levar a proposta a debate ao Parlamento galego. As perto de 700 entidades que conforman a plataforma Queremos Galego seguirán realizando “accións de defensa da nosa lingua” e comezarán coa recollida de firmas coma se faría se a iniciativa estivera admitida a trámite.

También te puede interesar