Galicia

Queremos Galego pensa ir aos xuzgados para garantir o uso do galego

Creará unha comisión xurídica composta por profesionais da xustiza para dotar de garantía xurídica todo o proceso. A plataforma Queremos Galego comezará a recoller sinaturas para evidenciar o apoio social á Iniciativa Lexislativa Popular rexeitada pola Mesa do Parlamento, ademáis de outras medidas legais e sociais: estudiarase interpoñer un recurso de amparo ante os tribunais contra esta decisión.

Una proposición de lei por iniciativa popular posta en marcha por nomes senlleiros da vida cultural e social de Galicia (Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Margarita Ledo ou Kiko da Silva, entre outros) e que «pretende garantir plenamente a posibilidade de uso do galego dos cidadáns perante a adminisración galega» desenvolvendo o establecido na Lei de Normalización Lingüística e na Carta europea de linguas minorizadas.

A admisión a trámite desta proposta de lei non implica a súa aprobación, senón que marca o inicio dun periodo de recollida de sinaturas ata conseguir 15.000 para levar a proposta a debate ao Parlamento galego. As perto de 700 entidades que conforman a plataforma Queremos Galego seguirán realizando «accións de defensa da nosa lingua» e comezarán coa recollida de firmas coma se faría se a iniciativa estivera admitida a trámite.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.