Cultura Galicia

O cárcere acapara o protagonismo dos Mestre Mateo

O lucense Luis Tosar, nominado como mellor actor.
O lucense Luis Tosar, nominado como mellor actor.

En total, 15 candidaturas é abagaxe coa que se presentará nos VIII Premios Mestre Mateo a película ‘Celda 211’, de Vaca Films, Morena Films e Telecinco. Mellor película, mellor actor protagonista e mellor dirección, serán algúns dos galardóns aos que opte a película que xa arrasou nos Goya e que lle valeu un premio a Luis Tosar. Máis de 100 obras e case 450 profesionais optaban a estos galardóns que otorga a Academia Galega do Audiovisual.

A celda de Tosar terá que competir con ‘Agallas‘, ‘Un bo home‘ e ‘Gordos‘ por levarse a estatuilla a casa e Daniel Monzón terá que verse as caras no galardón ao mellor director con Mario Iglesias (‘Reparto’), Daniel Sánchez Arévalo (‘Gordos’) e o conxunto de Jorge Coira, Alejo Hoijman, Marcos Loayza, Carolina Navas, Josué Méndez, Alejandra Szeplaki y Paola Vieira, por ‘Que culpa tiene el tomate?’.

Tosar repite candidatura como mellor actor, aínda que nesta ocasión terá como ‘inimigos’ a Pedro Alonso (‘Padre Casares’), Antonio Durán ‘Morris’ (‘Padre Casares’) e Luis Iglesia (‘Matalobos’). No apartado feminino as nominadas son Nerea Barros (‘Rafael’), Mercedes Castro (‘Padre Casares’), Luisa Merelas (‘Matalobos’) e María Vázquez (‘O Club da Calceta’).

Como actores de reparto están nominados Carlos Bardém, Celso Bugallo, Xavier Deive e Luis Zahera no apartado masculino e Camila Bossa, Mela Casal, Teté Delgado e Marta Etura no feminino. ‘Celda 211‘ tamén está nominada ao mellor guión, sonido, montaxe, dirección de producción, dirección artística, dirección de fotografía e maquillaxe.

Na entrega de premios, o vindeiro 15 de abril no Pazo da Cultura de Narón, elexida pola Academia pola calidade da súa programación e polas súas infraestruturas culturais, que a fan equiparable ao que poden propoñer as grandes cidades de Galicia.

Tamén haberá un oco para os mellores comunicadores televisivos (Xosé A. Touriñán, por ‘Botarse ao Monte’; Xosé Barato, por ‘A Miña Famosa Familia’; Xosé Lois Bernal ‘Farruco’, por ‘Vivir Aquí’ e Mayte Cabezas, por ‘A Revista Fin de Semana’) e para a mellor campaña publicitaria, entre a que está nominada a de Congo Producciones, ‘Maloserá! Vivamos coma galegos’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.