Galicia

O 061 ten que atender máis de 2.800 chamadas diarias

Cada vez acudimos con máis frecuencia ao 061 ante calquera dúbida sanitaria. O ano pasado Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu case 1,1 millón de chamadas, máis de 2.800 diarias. O maior número de consultas realizouse en xaneiro, con case 99.000 chamadas, decembro (94.246) e agosto (93.632).

E no 30 por cento dos casos, o 061 tivo que enviar unha das 9 ambulancias medicalizadas, 101 asistenciais ou dos dous helicópteros dos que dispón o servicio. En case o 31% das saídas foron por inconsciencia do paciente, case o 20% por dor torácica e o 5,14% por accidentes de tráfico. En total tiveron que votar man 535 veces dos helicópteros, enviar 14.840 veces a ambulancias medicalizadas e 247.566 a asistenciais.

Nos últimos anos o número de chamadas pasou de 983.614 no ano 2006 ás máis dun millón o pasado 2009, ano no que subíu a demanda de información debido á Gripe A.

You may also like