_agenda Agenda

A artesanía tamén entende de marketing

Ferramentas básicas de deseño e a cultura de proceso e produto co fin de mellorar a competitividade e a diferenciación do que é artesanía no mercado actual. Esas son as bases do curso que a consellería de Economía organiza hoxe e mañá no Marco baixo o título “Deseño para artesáns: ferramenta creativa, ferramenta produtiva”.

Vigo acollerá a primeira parte dun curso de 30 horas que rematará en abril en Santiago con docentes chegados da catalana Escola Massana que darán aos artesán ferramentas básicas a través de obradoiros de deseño de produto, socioloxía do uso e do mercado, identidade e imaxe gráfica de marca e a embalaxe como estratexia de venda. A partir das 09:30 horas.

You may also like