Destacados Vigo al minuto

Por unha vez, ti ao garaxe e eu á cociña

A segunda edición do programa ‘Tanto monta, monta tanto’ da concellería de Igualdade está a volta da esquina. O luns 15 de marzo ábrese o prazo para inscribirse nesta nova edición, para a que se ofertarán 135 prazas e coa que se quere “compensar a masculinización e feminización de determinados roles”.

Os cursos dirixidos a mulleres están relacionados con actividades como reparacións domésticas (8 de abrial ao 25 de maio) e mecánica do automóvil (do 12 de abril ao 26 de maio), ambos impartidos no CIFP Valentín Paz Andrade.

Mentres, os destinados aos homes serán sobre tarefas realizadas maioritariamente por mulleres, como cociña (do 12 de abril ao 22 de maio) ou tarefas domésticas (do 8 de abril ao 3 de xuño). Este ano incluso haberá un curso de cociña a nivel de perfeccionamento destinado a homes que participaran nalgún curso anterior.

Mixto

Este ano haberá dous cursos mixtos sobre a comunicación e a resolución de conflictos (do 19 de abril ao 12 de maio na Casa das Mulleres) e outro sobre coidados de persoas dependentes (do 13 de abril ao 2o de maio no Centro de Estudos de Povisa).

También te puede interesar