Deportes Destacados

Pon as zapatillas, o chip e sae a correr pola cidade

Circuíto-carreiras-popularesVigo retoma a súa liga pedestre coa segunda edición do Circuito de Carreiras Populares Cidade de Vigo, que chega con 7 carreiras, 9.200 euros en premios e a intención de perdurar no tempo xa que «cada vez hai máis xente que se pon unhas zapatillas e sae a correr», como asegurou Xabier Alonso, concelleiro de Deportes.

Nesta edición todos os participantes levarán un chip co que se poderá controlar mellor os seus tempos e que se alugará por 3 euros durante todo o ano. Ademáis, os máis fieles terán recompensa: haberá un diploma para quen corra cinco das 7 carreiras, aínda que este ao elimínase a obrigatoriedade de correr un mínimo de probas para optar á clasificación xeral final e aos premios autonómicos.

Os interesados xa poden inscribirse ata o vindeiro 17 de xuño na web de Championchip, encargada de xestionar o circuíto, ou na Fundación Vide de xeito presencial. O circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo 2010 sumará as dúas medias maratóns da tempada, a XI Vig-Bay e o II Medio Maratón Cidade de Vigo. Comenzará o 21 de marzo coa carreira 10 km. Cidade Universitaria, que discorre polo campus de Lagoas-Marcosende, e rematará o vindeiro 19 de decembro coa tradicional Carreira do Pavo ou o Gran Premio Pedestre Internacional na Alameda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.