Agenda Cultura

Unha ruta para os máis pequenos pola fervenza do Toxa

O grupo de sendeirismo Andaina, da Asociación Cultural O Coto, organiza hoxe unha nova peque-ruta pensada para que poidan participar todos os membros da familia, incluidos os máis pequechos. Hoxe saldrán ás 10 horas do Colexio Público Carballal-Cabral de Vigo para facer un percorrido de 6,5 quilómetros no que se visitará o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa, en Bandeira.

Nesta ocasión os billetes para o transporte en autobús ata o inicio da ruta están agotados. Pero se che gusta camiñar o 18 de abril teñen programado un percorrido polo río dos Gafos que inclúen un pequeno viaxe en tren, algo moi divertido para os máis pequenos da casa.

También te puede interesar