Galicia

Empezan os cursos do Celga

celga_webA Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha os cursos preparatorios deste ano para obter o Certificado de lingua galega (Celga)Hoxe inician os cursos dos niveis 1, 2, 3 e 4 nas localidades de Lugo, Ribadeo, Monforte, Vilalba, Pontevedra e Vigo e ao longo da semana comezarán tamén nos concellos de Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín, A Coruña, Betanzos, Culleredo, Ferrol e Santiago de Compostela.
 

En total, ofrécense 185 cursos, cunha duración de 75 horas lectivas cada un, que se distribuirán en tres quendas ao longo de todo o ano, co fin de facilitarlles a asistencia a todas aquelas persoas interesadas en participar nos mesmos. A primeira quenda de cursos, que inicia hoxe, prolongarase ata o vindeiro mes de xuño. A segunda quenda desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e a terceira estenderase desde setembro ata novembro.

 

Preparación para obter a acreditación oficial en lingua galega
O cursos Celga constitúen unha oferta formativa en lingua galega que facilita a preparación para as probas Celga. A superación destes exames, que son independentes dos cursos e que terán lugar os próximos meses de maio e de novembro, garante a obtención da certificación oficial de coñecemento en lingua galega no correspondente nivel Celga.

 Potenciación da aprendizaxe do galego por parte da poboación adulta

A oferta formativa que está a impulsar a Secretaría Xeral de Política Lingüística responde ao obxectivo do Plan xeral de normalización da lingua galega de potenciar a aprendizaxe do galego por parte de toda a poboación adulta, mediante fórmulas didácticas innovadoras que garantan resultados comunicativos satisfactorios.

 

 

También te puede interesar