Galicia

Un curso online de chinés en galego, entre os catro máis valorados a nivel internacional

 

chinasO portal www.chinesecom.eu,   realizado a través dun proxecto promovido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación; vén de situarse entre os catro cursos online de chineses máis valorados polo principal buscador da rede a nivel internacional, sendo un dos máis visitados.

Este curso, o primeiro de chinés-galego, é o ademais o único existente en Europa con tradución a unha lingua minoritaria, o que pon á nosa comunidade nunha situación de líder en canto á formación en lingua chinesa.

Un proxecto europeo

CHINESECOM desenvolveuse a través dun proxecto desenvolvido dentro do marco do programa ‘Lifelong Learning‘, da Unión Europea, e nel participaron socios de seis países europeos, ademais dunha universidade de Pequín. O éxito débese en gran medida ao carácter innovador do mesmo, que incorpora abundantes recursos multimedia dunha gran calidade, e ao importante esforzo que vén realizando para a súa difusión internacional.

O proxecto, que conta con dez unidades de aprendizaxe, así como información cultural e xeral sobre o país asiático; ten como obxectivo contribuír á mellora da competitividade das empresas europeas promovendo a adquisición de competencias en lingua chinesa, así como a comprensión da cultura chinesa. Por outra banda, a formación vai dirixida tamén a aqueles mozos e mozas que queiran comezar a aprendizaxe do chinés, como medio para lograr una inserción laboral privilexiada.

O que inicialmente comezou como unha ferramenta que respondía a unha necesidade empresarial de favorecer o acceso a un mercado emerxente, está a se constituír nun referente en termos de aprendizaxe tanto da lingua como da cultura chinesa, que está a ser unha das linguas máis demandada a nivel internacional.

A pesar dos seus escasos meses no mercado, o curso está a ser xa utilizado como material didáctico para o ensino do chinés en centros tan prestixiosos como a Universidade de Manchester ou a de Anveres e algunhas delegacións do Instituto Confucio, institución oficial do Goberno Chinés para promover a súa lingua.

O feito de dispor de traducións dos seus contidos a seis idiomas (castelán, galego, inglés, francés, alemán, italiano) fixo que a súa utilización se disparase nestes países, onde os escasos recursos multimedia dispoñibles eran ofrecidos unicamente con tradución ao inglés.

También te puede interesar