A Confederación Intersindical Galega emitiu un comunicado no que asegura que está desposta a desconvidar a folga do Metal, prevista para o vindeiro mercores se Comisións Obreiras e UGT, convocan unha asamblea de traballadores na que “ adquiran o compromiso de que non van permitir que se instale a flexibilidade horaria no sector, nin os cambios de quenda sen negociar coa representación sindical“.
A CIG pon coma terceira condición que as dúas centrais deben traballar pola regulación da contratación no sector “ dándolle prioridade aos traballadores do naval que leven máis de 12 anos cotizados no sector na provincia de Pontevedra“.