Comarcas Galicia

Os afectados da Plisan cumpren 100 días de encerro

Os cobradores do 'smoking' da Asociación de Afectados, esperando ao conselleiro Agustín Hernández.
Os cobradores do 'smoking' da Asociación de Afectados, esperando ao conselleiro Agustín Hernández.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo comunicoulles en xullo de 2009 a Zona Franca e Autoridade Portuaria de Vigo que o decreto de pago do recurso mineiro fora aprobado con informes favorables da Asesoría Xurídica e de Intervención e que aparece reflectido tamén nunha acta de Comisión de Seguimento da Plataforma Logística Salvaterra-As Neves.

Agora que se cumpren 100 días do encerro no Concello de Salvaterra, os afectados coas actas na man comezan a comprender por qué non se tramitou un expediente de anulación do decreto e ven cada vez máis posibilidades ao contencioso presentado pola Asociación de Afectados esixindo a execución do convenio e xa admitido a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que suporía o pago dunha indemnización de 7,7 millóns de euros que debería pagar Xunta, Zona Franca e Porto.

O Goberno autonómico negouse a pagar trala negativa das outras dúas entidades de afrontar a súa parte e respaldándose na inexistencia de informes favorables. Promotores e consellería deciden nunha “sesión ilegal” o pasado mes de xaneiro executar as sentencias cando estas foran firmes.

Para os afectados, que teñen as actas dende hai unha semana, estas “van revelando pouco a pouco o cambalache montado polas tres institucións para non asumir o cumprimento do acordo tomado polo goberno anterior nun exercicio temerario, raiando a prevaricación”.

You may also like