Galicia Vigo al minuto

O AVE Vigo-Porto podería saír da cidade tamén baixo terra

AVEO alcalde e o Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Victor Morlán, acordaron hoxe xoves «minimizar o impacto» do trazado de saída do AVE na cidade olívica, en dirección a Portugal.

En rolda de prensa posterior a unha reunión de traballo, Caballero e Morlán adiantaron que os técnicos do Concello e do Ministerio de Fomento estudarán conxuntamente as distintas alternativas para o traxecto vigués ata O Porriño, e unha das posibilidades abordadas será a saída da Alta Velocidade soterrada, tal e como accederá á estación de Urzáiz desde o norte da cidade.

«Case hai que empezar de novo o estudo informativo«, constatou o Secretario de Estado sobre a afección no municipio vigués da saída do AVE ata Portugal, debido á «forte oposición» mostrada por Vigo ao proxecto anterior, que mantivo bloqueada esta variante durante anos.

«A saída sur está a ser desbloqueada«, afirmou o alcalde, quen agradeceu ao Secretario de Estado que Fomento «apostara e siga a apostar pola cidade». Morlán, pola súa banda, avogou por un traxecto ata O Porriño que non cree «efectos pantalla» entre barrios vigueses que dividan a cidade.

Tal e como apuntou, a intención do Secretario de Estado é «consensuar cos concellos o trazado que vai unir Vigo coa fronteira portuguesa» -que afecta a Vigo, Mos, Salceda, O Porriño e Tui-, xa que «nin España nin Portugal renuncian á conexión entre Porto e Vigo» da Alta Velocidade ferroviaria.

Abel Caballero e Victor Morlán aseguraron que as infraestruturas de Fomento en Vigo son «unha realidade imparable«, en verbas do alcalde, e citaron o túnel de acceso norte do AVE a Vigo,en construcción, e a estación ferroviaria de Guixar, que dará servizo mentres dure a edificación da nova terminal de Urzáiz.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.