Vigo al minuto

O Berbés terá mellor fachada

BerbésA lo menos 48 casas terán moita mellor pinta da que presentan hoxe. O tenente e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, un para rehabilitar a fachada marítima do Berbés, que inclúe actuacións en 48 inmobles. Os conclleiros salientaron tamén que o plan pon á disposición dos propietarios unha liña de axudas de 120.000 € , compatibles con outras subvencións localis, para facer fronte ás obras.

Santiago Domínguez explicou que por primeira vez o Concello de Vigo pon a disposición dos propietarios un estudo individualizado para cada edificación, encargado pola Tenencia de Alcaldía. Indicou que o estudo inclúe fichas de cada edificio que indican cales son as obras que hai que acometer en cada un deles e cómo.

As casas que dan ao mar

O proxecto abrangue todas as casas que dan á fachada marítima: o número 69 de Teófilo Llorente, os números 47, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 da rúa Real, do 1 ao 47 na Ribeira do Berbés e os números impares do 17 ao 57 da rúa San Francisco. En total os edificios ocupan unha superficie de actuación de 6.360 metros cadrados.

As actuacións contempladas no estudo, dirixiránse a manter as fachadas e cubertas en axeitadas condicións estruturais e de ornato. Domínguez indicou que seguen criterios estéticos para homoxeneizar a imaxe e recuperar o ambiente e tipoloxía tradicional da ribeira. Ademais, tamén se inclúe a limpeza de fachadas e tellados, a elliminación de elementos que non son acordes co contorno, así como a substitución de carpinterías de aluminio ou metálicas por outras de madeira, a liminación de peches metálicas e peches de plástico, tendedeiros, antenas e cartelerías.

Neste sentido, e en resposta aos medios, o concelleiro de Patrimonio Histórico, engadíu que os criterios de actuación teñen como referenza o Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello, polo que asegurou que son «pouco discutibles porque están recollidas na lei» e se trata dunha zona catalogada como Ben de Interese Cultural (BIC).

Quedan fóra do plan os inmobles que carecen de fachadas, coma os números 11, 13 e 15, porque está en tramitación a súa reconstrución por iniciativa privada, e os números 29-31, que ten que ser reconstruído na súa totalidade. Sinalou que para estes edificios proporase a colocación dunha lona, ata que se inicie o proceso de recontrución.

1.200.000 € que repartiránse en axudas de 4.500 a 77.000 €

No tocante aos gastos que supoñen as obras, o tenente de alcalde informou de que o custe total do programa nos 48 edificos é de 1,2 millóns de euros. Indicou que as fichas de cada edificio recollen propostas de actuación que oscilan entre os 4.510 e os 77.362 euros. En resposta aos medios sobre o prazo para solicitar as axudas, Eudosio Álvarez indicou que a partir do mes de abril os propietarios xa poderán solicitalas e no que atingue ao prazo de execución das obras, o concelleiro explicou que “non conlevan un prazo superior aos catro ou cinco meses«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.