_agenda Agenda

Höfer deixa 40 anos de traballo fotográfico no Marco

A fotógrafa alemana Candida Höfer, unha das representantes máis importantes da Escola de Düsseldorf, chega ao Marco de Vigo cunha selección dos seus traballos dos últimos 40 anos nunha montaxe realizada polo prestixioso estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi e comisariada por Markus Heinzelmann e Doreen Mende.

Ata o 23 de maio, os visiantes poderán disfrutar de ‘Projects: Done’, onde a relación entre fotografía e arquitectura é o eixo central de proxectos como ‘Liverpool’, ‘Espazos’, ‘Doce, os burgueses de Calais’, ‘Zoolóxicos’, ‘Posesións’ ou a serie ‘Turcos en Alemaña’, entre outros, que se presentan en diapositivas e dobre proxección de diapositivas.

As obras seleccionadas para esta mostra ofrecen o risco distintivo respecto a outros traballos de actividade artística máis habitual. Tras o seu paso por Vigo, a exposición viaxará ata o Centro Andaluz de Arte Contemporáneo de Sevilla e ao Belvedere de Viena. Como complemento á mostra, a biblioteca do Marco presenta unha selección de catálogos individuais dos fotógrafos máis importantes da Escola de Düsseldorf.

You may also like