Ciencia y Tecnología Galicia

Nace a oficina para o asesoramento tecnolóxico

Niños-en-InternetA Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica puxo en marcha a Oficina do Plan de Banda Larga para ofrecer aos operadores e axentes implicados asesoramento e soporte técnico no desenvolvemento de proxectos e á cidadanía unha resposta rápida á demanda de información, tanto sobre a implantación das novas redes como sobre posibles incidencias. O centro exercerá tamén de elemento coordinador das distintas actuacións derivadas do Plan.

Tanto cidadáns como axentes implicados no despregamento da banda larga poden solicitar información a través do teléfono 981 95 78 68, en horario de 9:00 a 15:00h de luns a venres, e na dirección de correo electrónico [email protected].

Punto único de referencia

A Oficina do Plan de Banda Larga  permite centralizar e canalizar toda a información sobre o despregamento das infraestruturas previstas cunha visión global do proceso así como fomentar o avance homoxéneo das distintas actuacións con eficiencia e efectividade. En canto aos colectivos interesados, os usuarios teñen na Oficina un punto único de referencia para formular calquera dúbida ou incidencia ao igual que os operadores e axentes implicados, que atoparán neste centro apoio en todo o relacionado coa implantación do plan e información sobre o progreso das diferentes actuacións derivadas do mesmo.

Como elemento coordinador a Oficina supervisará a xestión das iniciativas e actuacións co obxectivo de asegurar a súa execución dentro dos prazos e orzamentos previstos. Minimizar riscos e eliminar barreiras que afecten ao desenvolvemento do plan tamén son funcións que competen a oficina. A entrada en funcionamento deste centro intégrase no conxunto de medidas previstas para facilitar e axilizar o despregamento da banda larga.

O Plan Director de Banda Larga, presentado o pasado 19 de febreiro, constitúe o marco estratéxico de actuación destinado a que a práctica totalidade dos cidadáns e empresas galegas teñan acceso de calidade á banda larga dentro de catro anos. O obxectivo final do Plan é que en 2013 o 94% da poboación galega conte coa posibilidade de acceso a un servizo de banda larga de calidade cubrindo a demanda do 6% restante a través de servizos de acceso vía satélite. A web www.imit.xunta.es ofrece máis información sobre as medidas recollidas no Plan e sobre o conxunto de actuacións que está poñer en marcha a Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica para impulsar as TIC.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.