Comarcas

Revitalizar o pequeno comercio en Salvaterra pasa por arranxar o mercado

A praza de abastos de Salvaterra.
A praza de abastos de Salvaterra.

O vindeiro pleno de Salvaterra terá un obxectivo claro: intentar aprobar medidas para revitalizar o pequeno comercio da vila. E algo fundamental é, segundo o grupo nacionalista, realizar melloras na praza de abastos. O BNG levará esta moción ao próximo pleno para que se arranxe o tellado do mercado, a climatización interior, os problemas de condensación e a modernización de postos e aseos, ademáis de «elaborar unha planificación seria da actividade comercial de Salvaterra».

“Aínda que Arturo Grandal se escuse dicindo que o mercado recibiu un premio do Colexio de Arquitectos de Vigo para non acondicionar o edificio, son unhas instalacións de hai máis de 25 anos, que é preciso mellorar”, apunta o concelleiro nacionalista. Asemade, defende que é preciso actualizar o regulamento destas instalacións municipais, permitindo a compatibilización da venda de diferentes produtos para “dar resposta ás necesidades actuais do comercio”, asegura o portavoz nacionalista Gabriel Martínez.

Por outra banda, o BNG levará unha moción sobre a falta de espazos reservados para a carga e descarga en toda a vila e a comunicación coas parroquias, indispensable para axilizar a actividade comercial no casco urbano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.