Curiosidades Galicia

Os peregrinos poden facer xa o Camiño do cocido

O concello pontevedrés de Lalín acollerá durante os próximos catro fins des emana de marzo a iniciativa Os cocidos dos camiños xacobeos, un evento a través do que promove os cocidos que se elaboran nas localidades polas que discorren as distintas rutas xacobeas. A iniciativa, enmarcada no Camiño da Gastronomía do Xacobeo 2010 e organizada polo Concello da comarca do Deza, pretende situar a Lalín e o seu cocido como epicentro dunha peregrinación gastronómica.

Durante as catro fins de semana do próximo mes de marzo, o Pazo de Bendoiro, un vello Pazo restaurado dentro dun entorno natural propio para todo tipo de eventos situado no concello de Lalín, servirá outros tantos cocidos dos diferentes camiños que levan a Santiago de Compostela. Para iso, contarase cun cociñeiro especializado e chegado do lugar de orixe de cada prato, que será o encargado de preparar o menú con produtos orixinais.

  • Oferta turística

O concello de Lalín, a través da iniciativa Os cocidos dos camiños xacobeos, dará a coñecer os cocidos que se elaboran nas distintas localidades polas que pasan catro dos Camiños de Santiago, o Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño do Norte e a Ruta da Prata.

Deste xeito, o próximo fin de semana (6 e 7 de marzo) servirase no Pazo o cocido Maragato propio da cidade de Astorga (León), representativo do Camiño Francés, Ruta da Prata. No seguinte fin de semana, o do sábado 13 e domingo 14 de marzo, preparase o cocido Lebaniego, oriundo da localidade de Potes, en Asturias que simboliza a gastronomía do Camiño do Norte. O cocido de Penafiel, na zona norte de Portugal e natural do Camiño Portugués será o protagonista na terceira fin de semana de marzo, a do sábado 20 e do domingo 21 de marzo. A fin de mes, os días 27 e 28, o Camiño Francés de Tours estará representado polo denominado cocido Pot au Feu d’Aquitaine, propio da zona de Burdeos, en Francia . O cocido de Lalín, que vén a encarnar unha parte importante da gastronomía da Ruta da Prata, poderase degustar en calquera data do mes de marzo e en varios restaurantes locais.

A degustación abrirase ó público a un prezo accesible, entre 20 e 25 euros, en horario comprendido de 13:30 ás 16:30, facendo de cada sábado o día central de cada un dos cocidos do camiño a Santiago. Nesa xornada estará presente unha representación institucional de cada concello ou confraría, que presentará a súa receita específica, así como todo tipo de produtos gastronómicos e oferta turística de cada localidade.

You may also like