Cultura Destacados

Candida Höfer presenta a súa retrospectiva no Marco

A fotógrafa alemá Candida Höfer, unha das máis importantes representantes da Escola de Düsseldorf, no que será a primeira retrospectiva en España desta artista. A exposición reúne unha coidada selección dos seus traballos dos últimos corenta anos, nunha montaxe realizada polo prestixioso estudio de arquitectura Kuehn Malvezzi. Baixo o título ‘Projects: Done’ inclúense obras de proxectos levados a cabo por Candida Höfer entre 1968 e 2008. O termo ‘Project’ enténdese aquí como forma de traballo que se desenvolve durante un período de tempo previamente establecido, e/ou que é completado –[‘Done’]– unha vez conseguido o obxectivo formulado. Así, as obras seleccionadas ofrecen este trazo distintivo respecto a outros traballos que poderiamos definir como actividade artística regular. Tras a presentación en Vigo, esta exposición, que xa se viu no Museum Morsbroich de Leverkusen, visitará o CAAC, Centro Andaluz de Arte Contemporáneo de Sevilla, para rematar o seu percorrido no Belvedere de Viena.

You may also like