Agenda Destacados

En Vigo hai manifestacións ata a dúas rodas

A asociación A Golpe de Pedal vén de convocar unha manifestación ciclista para o 7 de marzo para demandar co que levan anos soñando os usuarios da bicicleta na cidade: un carril-bici Vigo-Baiona. Para iso citan a todos os amantes da bicicleta ás 11 da mañá na Praia de Samil, fronte ao camping.

Os que se animen poderán recorrer a Avenida de Samil, a rúa do Río, a Estrada de Muíños, a PO-325/Avenida de Ricardo Mella, o Camiño do Portiño, a Estrada pola vía, a rúa Torrente Ballester e Ramallosa para voltar polo mesmo camiño. Todo «polo uso da bici, por espazos e vías ciclistas e por un transporte sostible e ecolóxico».

Corredor verde

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, prometeu a esta asociación que o futuro corredor verde que sustituirá ás actuais vías do tren coa chegada da alta velocidade incorporará un carril-bici no eixo Travesas-Samil-Coruxo. Sen embargo, a demandada senda ciclista ata Ramallosa non conta con tanta aceptación por parte de todos os veciños, que chegaron a presentar un recurso contra o proxecto de carril-bici do anterior Goberno da Xunta polos modos e polas expropiacións que supuña.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.