Galicia

Xunta e Goberno achegan posturas sobre 6 polémicos puntos da Lei de Caixas

O cuarto ’round’ entre Goberno e Xunta pola Ley de Caixas acabou como empezou, sen acordo. Aínda que ámbalas partes conseguiron acercar as súas posturas sobre os 6 dos 10 preceptos recurridos ante o Tribunal Constitucional polo Estado, non hai un pacto global que satisfaga aos interesados e conclúa coa retirada do recurso.

E por primeira vez dende que comenzaron as negociacións o pasado 16 de febreiro ambos executivos levantáronse da mesa sen fixar data para o próximo encontro. A pesar de isto, o Goberno central asegura que a Lei de Caixas galega é un asunto prioritario. Sen embargo, analizando a reunión, a Xunta ve a dilatación nas negociacións como un intento de bloqueo do diálogo.

Polo menos pecharon acordos en seis asuntos sobre a base do negociado en anteriores reunións e, de feito, o conselleiro de Presidencia explicou que xa se poderían ter pechado no último encontro. “A Xunta está disposta a negociar ata onde faga falla”, indicou a conselleira de Facenda, que en todo caso advertiu que o límite está nas lexislacións doutras comunidades e en que non se produzan cambios substanciais sobre o texto aprobado polo Parlamento galego, como sucede no caso dos seis puntos pechados hoxe.

Os aspectos acordados refírense á regulación dos sistemas institucionais de protección (SIP), que terán un texto moi similar ao da Lei andaluza; ao rexistro de altos cargos, onde a Xunta aposta pola mesma redacción que a da norma catalana; ás entidades representativas de intereses colectivos, que será texto similar á Lei madrileña; ao feito de que se poidan nomear ata catro membros máis de recoñecido prestixio ao consello de administración que non estivesen representados nas asemblea; ao relativo á autorización de investimentos de obra social superiores a 500.000 euros; e a non citar o 31 de marzo como data límite para que as caixas teñan asinados os convenios.

Sobre os puntos en desacordo, Marta Fernández Currás indicou que a Xunta de Galicia ofreceu varios acordos interpretativos, que o Estado non aceptou, e denunciou que o Goberno central quixo introducir “cuestións engadidas sobre as xa formuladas no recurso de inconstitucionalidade”, como o caso da disposición transitoria segunda da nova lei.

Te podría interesar