Galicia

Porco, ti o vales

PorcoSeguindo a ruta gastronómica que fan os miembros do goberno Feijóo os fins de semán, o

 

 consellerio do Medio Rural pronunciou este mediodía o pregón do II Cocido do Porco Celta de Sarria (Lugo). Samuel Juárez gabou na súa intervención as excelencias gastronómicas desta raza propia de Galicia, ao que calificou de “enxebre” antes de comprobar de primera man, ou prato, que o que acababa de dicir era rigorosamente certo.

A área de orixe do porco celta abrangue toda Galicia. O censo actual está integrado por unhas 3.000 cabezas, distribuídas en 284 explotacións. As súas aptitudes técnicas apuntan a unha alta calidade da carne para produtos elaborados e curados.

O xénero orixinario de todos os porcinos é o Sus, cos tres troncos prehistóricos seguintes: Sus scrofa (xabaril europeo); Sus mediterráneo (xabaril mediterráneo) e Sus vittatus (porco asiático). En España describíronse varios derivados célticos, ademais do Porco Celta, como o Navarro Baztanés, Catalán, de Vich, Molinés, de Guadalaxara, Alistano, de Zamora, Lermeño, de Burgos e o tipo máis unificado, chamado Chato Vitoriano.

Única raza porcina orixinaria de Galicia

O porco celta, representante do tronco céltico puro, é a única raza porcina orixinaria de Galicia. Era a máis importante na nosa Comunidade ata comezos deste século, sufrindo a partir daquela unha continua redución censual e un abandono do costume do pastoreo porcino. Todo isto foi ocasionado polo despoboamento do rural, que trouxo consigo a falta de man de obra e o abandono das terras, e pola importación de razas foráneas para intensificar os sistemas produtivos e incrementar os rendementos das explotacións.

No ano 1951 só un 14% do total era de raza celta, para chegar posteriormente á case desaparición no territorio, mesmo chegou a ser descatalogada nos anos oitenta (segundo apuntan estudos do entón chamado Ministerio de Agricultura).

Hoxe en día está incluída no Catálogo Oficial de Razas de Gando de España como raza autóctona española de protección especial ou en perigo de extinción, recollida no Real decreto 1682/1997, do 7 de novembro. Actualmente, existen exemplares de porco celta en toda Galicia, aínda que se concentran principalmente na provincia de Ourense, no sur de Lugo e no centro e noroeste da Coruña.Orientación produtiva

Son animais rústicos, áxiles, con boa aptitude para a marcha polo seu forte aparello locomotor, que lle permite percorrer grandes distancias no pastoreo, como se facía antigamente con esta raza en Galicia.

A súa grande rusticidade permítelle unha perfecta adaptación aos bosques autóctonos galegos, onde pastorea e aproveita os recursos naturais estacionais como castañas e landras. Todo isto fai que sexan animais con grandes posibilidades para a súa explotación en réxime extensivo-semiextensivo, dos que se obteñen produtos de alta calidade e que axudan ao mantemento e control da biomasa vexetal, ademais de embelecer o contorno paisaxístico.

 

 

 

Te podría interesar