Galicia

Mayumana quece motores na Coruña antes da gran estrea de Momentum en Vigo, o martes

mayumanáA compañía israelí Mayumana presentará esta semana en Galicia o seu último espectáculo Momentum, dentro do Camiño das Artes Escénicas do Xacobeo 2010. Coñecidos pola súa posta en escena multidisciplinar –mestura de música, teatro, danza, percusión e moito humor- Mayumana chega a Vigo con Momentum, un espectáculo novo e cheo de sorpresas pero coa enerxía e ritmo que caracteriza a esta compañía. Mañá luns día 22, ofrecerán un aperitivo da súa arte cunha performance nas rúas de A Coruña.

Once artistas de distintas nacionalidades (entre eles, cinco españois) e diferentes disciplinas dan vida a Momentum, que segue mantendo a linguaxe escénica, o sabor e o estilo das creacións anteriores de Mayumana. Desde o mércores 24 e ata o domingo 28 Mayumana despregará o seu espectáculo no Centro Cultural Caixanova de Vigo. O día da súa estrea, a compañía fundada en Tel-Aviv por Eylon Nuphar, Boaz Berman e Roy Oferen en 1997, ofrecerá un pase gráfico ás 17:00 horas. Esta será a única ocasión na que estará permitido aos medios gravar e tomar fotografías da produción.

Para abrir boca, maña luns día 22 ás 18:00 horas o grupo de danza e percusión realizará unha performance en A Coruña. Consistirá nunha batucada, que comezará na FNAC para saír á rúa e interactuar co público. Será un anticipo das súas actuacións na cidade herculina programadas entre o 11 e o 13 de marzo.

 Conxunto multidisciplinar

Mayumana desenrolou unha linguaxe única e internacional, baseada no talento persoal, no ritmo, no visual e por encima de todo, na creatividade. Desde a estrea do seu primeiro espectáculo en 1998, máis de 4,3 millóns de persoas disfrutaron con Mayumana en máis de 30 países nos que actuou o grupo.

Desde a súa primeira visita a España en abril de 2001, Mayumana converteuse nun dos espectáculos de maior éxito no noso país. Máis de vinte cidades españolas colgaron o cartel de «esgotadas as localidades» sumando a cifra de máis de 1.000.000 espectadores. Os seus espectáculos reúnen teatro, danza e percusión, con coreografías enérxicas e de gran vitalidade. A percusión execútase sobre obxectos pintorescos como contedores de lixo e outros obxectos reciclados.

As entradas para asistir aos concertos pódense adquirir xa a través da web do Xacobeo ou directamente a través da páxina servinova.com.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.