RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Monicreques ao piano coa ‘Caixa de música’ en Tui

O espectáculo é para público familiar.
O espectáculo é para público familiar.

Cecilia e Salterio son dous nenos que xogando estragan a pequena caixa de música de Calderón, un música ambulante. E para intentar arranxala terán que recuperar todos os sons que escaparon da caixa. Viravolta Títeres deleitará ao público familiar con ‘A Caixa de Música’ esta noite no Teatro Municipal de Tui (20 horas) nun espectáculo no que os monicreques de mesa e luz negra mestúranse con música de piano, violín e clarinete en directo.

As entradas, de entre 2 e 3 euros, xa están á venda a través de Internet ata as 16:30 horas e, a partir das 18:30 horas, poderanse mercar no despacho de billetes da Área Panorámica.

A compañía Viravolta Títeres creouse en 1982 desenvolvendo espectáculos de monicreques, cursos, exposicións e festivais sempre relacionados co mundo da marioneta.

También te puede interesar