RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Feijóo asegura en Vigo que o espirito illacionista leva ás cidades á súa decadencia

Caballero y Feijoo2Continuas  metáforas referidas á Lei de Caixas e ao proceso de fusión, salpicaron as palabras do presidente da Xunta na presentación do libro’ Por todos os mares do mundo. O prodixio da pesca en Vigo’.

Vigo nunca se pecha para ser máis pequeno; ábrese para medrar”. declarou o presidente no auditorio do Centro Social Caixanova. «Non é doado “atopar na historia mariñeira, empresarial, financeira, cultural e mesmo política desta cidade, ese espírito illacionista que levou a países e metrópoles importantes á súa decadencia”, declarou diante de Abel Caballero.

Feijóo que foi recibido polo presidente da entidade, Julio Fernández Gayoso, o alcalde, os presidentes dos empresarios da Provincia, José Manuel Fernández Albariño, e da Cámara de Comercio, José García Costas, todos eles contrarios ao proceso de unión de Caixanova e Caixa Galicia, a conselleira de Pesca e a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, departiu uns intres con todos eles antes de iniciar o acto de presentación do libro, no que sentouse entre Fernández Gayoso e Abel Caballero ao que saudou friamente na porta de entrada.

Na súa intervención, Núñez Feijóo salientou que este libro, obra de Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez, supón un recoñecemento para as xentes do mar de Vigo e os seus arredores. “Certamente hai tempo xa que os vigueses foron capaces de albiscar, antes que ninguén, a Galicia do futuro”, abondou o presidente galego, “Vigo converteuse no limiar dunha galeguidade nova que deixa de estar á defensiva, pois os pobos non superan as dificultades erguendo valados”. Neste sentido, Feijóo asegurou que Vigo “nunca os puxo”, e por iso, “segue servindo de proa a esta Galicia de mariñeiros que é de todos, e que compre facernos entre todos”.

 

O mar de Vigo ten amosado que había e hai bos sentimentos e que o entendemento estaba e está fundamentado neles”, destacou Feijóo, quen remarcou que aquela receita de entendemento “deu a Vigo bos resultados, e ten que seguir dándoos”.

También te puede interesar