Comarcas Cultura

Máis de 600 persoas desfilarán disfrazados polas rúas de Tui

Todo está preparado para que o hoxe, día festivo na cidade, Tui celebre o seu tradicional Desfile-Concurso de Entroido, que sairá ás 17:30 horas á rúa e percorrerá Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, perfectamente adornadas e iluminadas para a ocasión, o que custou 21.000 euros.

E máis de 600 persoas participarán nesta cita que este ano incorpora coma principal novidade a apertura do concurso a grupos, que serán os encargados de abrir o desfile seguidos das comparsas e carrozas. Os grupos inscritos para participar son ‘Polo puto aire’ e ‘A choiva dos pequenos’. Ademais, participarán 12 comparsas, 7 de Tui, 2 de Tomiño, 1 de Redondela, 1 de Gondomar e outra de Salceda. Nas súas recreacións haberá evocacións dos piratas somalís, o Xacobeo, os vikingos, unha festa medieval ou unha homenaxe a Michael Jackson.

En total 6.100 euros en premios e trofeos que este ano ten dúas novidosas categorías: a de Parodia, buscando recuperar o espíritu do entroido tudense, e 450 euros que o xurado poderá repartir ao seu antollo. Eso si, para poder optar aos premios e accésit as comparsas e grupos deberán acudir na súa totalidade de rigoroso loito ao Enterro do Bacallau, que se celebrará o domingo 21 de febreiro a partir das 19:30 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.