Destacados Vigo al minuto

Pechanse ao tráfico, dous días, González Sierra e México e haberá atascos en Manuel Álvarez

 

 

AtascoA Concellería de Tráfico e Seguridade informou hoxe que,

debido a distintas obras de mellora, produciranse as seguintes alteracións temporais no tráfico:

Dende as 22:00 horas de hoxe luns, 15 de febreiro, e por un periodo aproximado dunha noite, pecharase ao tráfico a rúa González Sierra, no treito entre Alfonso X e Gran Vía, con acceso exclusivo para garaxes, por mor dos traballos de reparación do firme de pedra.

Tamén ás 22:00 horas deste luns, 15 de febreiro, e por un periodo aproximado de dous días, pecharase ao tráfico a rúa México con Brasil, con acceso exclusivo para garaxes, por mor das obras de reparación de saneamento. 

Desde mañá martes, 16 de febreiro, ás 10:00 horas e por un periodo aproximado de quince meses, prevense retencións de tráfico na rúa Manuel Álvarez por mor das obras de canalización de saneamento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.