_agenda Agenda

Paula Cabaleiro empapela a Casa da Xuventude

A casa, a memoria, o tempo pasado, presenzas e ausencias. Ese é o tema sobre o que xira a exposición ‘Empapelando[ME]‘, unha mostra de fotografía, ilustración e gravado de Paula Cabaleiro que poderás ver desde hoxe e ata o 26 de febreiro na Casa da Xuventude.

Os papeis pintados tan comúns na vida diaria e doméstica é o punto de partida dunha obra na que o arsenal de vivencias é moi importante. Para a autora “en casa vémonos rodeados de multitude de papeis que nos prestan utilidade, que imos personalizando, que construímos e reconstruímos e nos que imos escribindo as nosas vivencias”.

Poderás ver a mostra de luns a venres de 09 a 14 e de 17 a 20 horas.

También te puede interesar