Preto de 31.500 familias beneficiáronse o ano pasado das axudas que concede a Xunta por ter a cargo fillos menores de 3 anos. Das 37.601 peticións recibidas na Consellería de Traballo en 2009, o 84% resolvéronse favorablemente e o resto foron desestimadas por non cumprir con algún dos requisitos.
En total, 12 millóns de euros para este pagamento único de 360 euros para as familias con nenos de menos de 3 anos que residan en Galicia, que convivan co solicitante e que non superen os 22.000 euros ao ano en ingresos. En caso de nenos adoptados ou acollidos, a axuda aplícase nos tres anos posteriores á adopción ou ao acollemento no rexistro civil.
Para saber máis sobre esta axuda anual podes dirixirte á Secretaría Xeral de Familia e Benestar ou consultas as páxinas de Familias Galegas ou da Consellería de traballo.