Comarcas Vigo al minuto

A ‘Gripe A’ arderá na fogueira en Redondela

O Meco xa está no balcón do Concello.
O Meco xa está no balcón do Concello.

O Meco de Redondela xa preside o balcón principal do Concello. O vindeiro martes, a Gripe A arderá na fogueira como acto final da celebración do Entroido 2010. Ainda que a festa comezará moito antes: a programación do Entroido arrancará o sábado 13 ás 17.00 horas con animación de rúa, karaoke e obradoiros de disfraces, globoflexia, caracterización e maquillaxe a cargo da Asociación Cultural Xoeira na Praza da Constitución.

O domingo 14, a partir das 17 horas, haberá concentración no campo da feira das 12 comparsas que desfilarán posteriormente polas rúas da vila. As comparsas participantes este ano son: “Tío Emilio” e “Camp” de Chapela, ambas fora de concurso; “Fillos da auga, fillos do lume”, de Matamá; “As Marchosas” de Arcade; “A comparsa de Beirán”; “Diablada de Bolivia”; “Rías Baixas”; “Bate no cobre”, de Matamá; “Terra de Condes”, de Cedeira; “FCC”, “La Cumparsita” e “O Gran Circo de Saxamonde”. Ao finalizar o desfile dará comezo unha gran verbena na praza do concello amenizada polo grupo Isla.

Xa o martes, a partir das 17.00 horas, desfile de disfraces individuais, parellas e grupos polas rúas Alfonso XII e Ribeira, que ao igual que o domingo permanecerán pechadas ao tráfico dende ás 16.30 horas. E a partir das 18.00 horas verbena na Praza da Constitución amenizada polo Grupo Costa Blanca. As 20.00 horas dará comezo o espectáculo da Queima do Meco co desfile de comelumes e zancudos e a xa tradicional tirada de fogos artificiais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.