Destacados Vigo al minuto

Vigo da un paso más para atraer a ‘congresistas’

Firma del convenio.
Firma del convenio.

A Fundación Vigo Convention Bureau abre as súas portas ás entidades privadas coa sinatura hoxe dos convenios de colaboración coa Asociación Agarimo de Turismo Rural do sur da provincia de Pontevedra e a Asociación de Hosteleiros de Vigo, Ahosvi. Segundo afirmou o tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, esta sinatura ten o obxectivo de potenciar o sector turístico da cidade.

El resultado es que los hoteles vigueses y las casas rurales de la comarca tratarán de captar congresos para la ciudad con el fin de aumentar así su ocupación y la cifra de visitantes que recibe cada año la ciudad olívica.

O tenente de alcalde destacou que unha das liñas marcadas para a Fundación Vigo Convention Bureau establece que “ten que contar coas sinerxias de todos os sectores relacionados co turismo para que Vigo sexa referente de ocio e negocio”.

Santi Domínguez explicou que mediante o convenio o Vigo Convention Bureau comprométese a contar con estas dúas entidades, que contribúen con 1.500 euros anuais, na prestación de distintos servizos e para espallar dende as súas asociacións a imaxe de Vigo como captadora de congresos e convencións. “A fundación púxose en marcha hai uns meses posto que a cidade precisaba estar onde se reparten os grandes congresos e convencións internacionais”, lembrou.

O presidente de Ahosvi, Jaime Fernández, asegurou que era necesario poñer en marcha a Fundación Vigo Convention Bureau “porque hoxe en día non pode haber cidades que non estean nela”. Destacou que con esta entidade vai “mellorar bastante” a ocupación hoteleira e número de turistas que se acheguen á cidade. Agradeceu á Fundación, ao Concello de Vigo e en particular a Santi Domínguez a súa aposta polo sector, ao igual que manifestou o presidente de Agarimo, Ventura García. “É de xustiza colaborar e recabar colaboracións porque cremos que podemos contribuír á promoción da cidade”, destacou.

También te puede interesar