Cultura

‘Luz Verde’ para ver a exposición fotográfica de Román Pereiro

Unhas das imaxes expostas.
Unhas das imaxes expostas.

A Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa 2, inaugura hoxe, as 20 horas, a exposición fotográfica titulada “Luz verde”, do vigués Román Pereiro Alonso, que sitúa ás imaxes dentro do ámbito das derradeiras correntes da fotografía nas que hai un acercamento cara outros eidos artísticos. A mostra permanecerá en cartel ata o próximo 28 de febreiro.

Román Pereiro na súa laboura fotográfica afonda e indaga para incluir outras expresións, así prodúcese unha mestizaxe na que se atopan influenzas dos amplos coñecementos píctóricos que ten o autor das instantáneas, quen engade aos seus traballos un aura de incerteza. A crítica sinala que as obras expostas por Pereiro constituen enigmas dunha realidade próxima e fragmentada.

Víctor Vaqueiro di no texto do catálogo da exposición Luz verde que é “un conxunto de mentiras articuladas con inmensa coherencia, o mesmo que calquera texto literario ou fílmico, ou, por dicilo con palabras de Joan Fontcuberta, un proceso no que se pon en marcha mentir ben a verdade. Que, dito doutra maneira, non é máis que o desexo de enunciado do proceso de verdades que toda práctica artística constitúe e a imprescindíbel apertura da mente a un mostrario infinito de posibilidades”.

Román Pereiro (1932) comezou coa su afición fotográfica desde moi novo, mesmo non a descoidou cando estudaba Mediciña em Santiago de Compostela ata o punto que obtivo algúns galardóns polos seus traballos relacionados coa imaxe. As súas estadías madrileñas e parisienses puxerono en contacto coas avangardas artísticas e movementos renovadores do arte. Ademáis desenvolveu ao longo da súa vida diferentes actividades como crítico de arte, asesor de arte, comisario de exposicións e coleccionista, especialidades na que é un recoñecido especialista.

Pereiro entrou durante 1980 entrou no colectivo Atlántica e desenvolveu un destacado traballo de difusión das tendencias renovadoras no terreo plástico que continúan na actualidade como membro da Fundación Laxeiro. Médico xubilado, Pereiro voltou a súa paixón de xuventude, a fotografía que en Luz verde recolle as súas instantáneas máis recentes.

Luz verde está organizada pola Concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo. A exposición Luz verde está aberta ao público a ta o 28 de febreiro, de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas. Sábado, de 11 a 14 e de 18 a 21.30. Domingos e festivos, de 11 a 14 horas.

También te puede interesar