RGPD - Cookies
Deportes

Este ano tamén haberá liga galega de traíñas

A Asociación Noroeste regalou a maqueta dunha traíña á Xunta.
A Asociación Noroeste regalou a maqueta dunha traíña á Xunta.

A Secretaría Xeral para o Deporte apoiará este ano a Liga Galega de Traíñas Masculina e Feminina cun patrocinio de 130.000 euros, como anunciou durante a reunión de José Ramón Lete coa nova xunta directiva da Asociación Noroeste de Traíñas. A Xunta mantén a mesma cantidade que o ano pasado facendo así unha clara aposta polo remo galego, que acadou un gran éxito durante o ano 2009.

A Liga Galega de Traíñas é unha referencia dentro do remo de banco fixo a nivel nacional e converteuse nunha competición cunha elevada calidade e cunhas regatas que son seguidas por numeroso público. O pasado ano a programación viuse reforzada coa posta en marcha da categoría feminina.

También te puede interesar