Destacados Vigo al minuto

O curso que ven haberá catro novas garderías públicas na cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que o Concello duplicará o próximo curso o número de garderías municipais na cidade coa apertura de catro novas escolas infantís.

Despois da Xunta de Goberno Local, o rexedor socialista informou do visto bo municipal á desafectación do uso educativo do edificio municipal de Casiano Martínez para realizar obras de adaptación para gardería de cara ao vindeiro curso. Esta reforma custará 200.000 euros -con cargo aos fondos do Plan E do Goberno de España- e dará servizo á parroquia de Bouzas.

A segunda das catro novas dotacións educacionais estará ubicada en Tomás Alonso e tamén entrará en funcionamento no próximo curso. A remodelación custará tamén 200.000 euros con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, segundo apuntou Caballero.

A terceira nova escola infantil para o novo curso xa está en marcha actualmente, sita en Mestres Goldar, e dará servizo aos veciños de Castrelos con especial atención aos traballadores da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën.

Xunto coas tres ubicacións xa reveladas, o alcalde asegurou que o Concello planea habilitar unha cuarta. Abel Caballero non fixo pública a súa ubicación pero si asegurou que estará operativa para o curso que ven.

Estas catro novas escolas para os máis pequenos súmanse ás catro de ámbito municipal que operan actualmente, co que o Concello duplica así a oferta no curso 2010-2011. Para o 2011 o alcalde agarda poder continuar co plan municipal de garderías e ampliar o número de escolas infantís municipais na cidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.