Cultura Destacados

Máis de 1.500 personas reviven a cultura castrexa

Tan só dous días desde a súa apertura e xa se pode calificar de éxito tras recibir a dúas personas por minuto. Esta fin de semana máis de 1.500 personas visitaron o xacemento de O Castro, superando as previsións feitas para os primeiros días. Os momentos de maior afluencia foron polas tardes, sobre todo o domingo, onde foi preciso ampliar o número de persoas que realizaban as visitas guiadas.

Unha afluencia de público que, para o Concello, pon de manifesto o gran interese que teñen os vigueses por coñecer a súa historia e participar nunha reconstrucción e recreación ambiental do poblado castrexo que se vai convertir en un dos referentes turísticos da cidade. O poboado do Castro permite coñecer máis de 20 restos de edificacións que formaban parte dunha gran área habitada entre o século I a.C. e o século III d.C, así como a recreación da época en tres cabañas ambientadas na época.

Como todos os museos, os luns o xacemento permanecerá pechado, pero o resto dos días poderase visitar de 10 a 14 e de 16 a 18 horas en inverno e de 10 a 13 e de 17 a 20 horas en verán. A visita poderá ser libre ou guiada polo persoal que atende o xacemento. A visita guiada para grupos pódese concertar chamando ao teléfono 986 295 070, de luns a venres de 9 a 14 horas.

También te puede interesar