Deportes Galicia

Galicia, ‘taekwondo Calidade’

Recepción en Lavacolla da expedición.
Recepción en Lavacolla da expedición.

O taekwondo galego referendou onte en Alacante a súa hexemonía nacional ao revalidar o título de campión de España logo de establecer unha marca histórica de medallas.

Os vencedores chegaron pola mañá ao aeroporto de Lavacolla, onde acudiu a recibir á expedición  José Ramón Lete, secretario xeral do Deporte, quen mostrou o seu orgullo polo traballo que vén realizando o taekwondo «por ser un exemplo para o resto de comunidades”.

O equipo galego gañou en Alacante 19 medallas (catro de ouro, outras tantas de prata e once de bronce) a pesar de que acudiu ao Campionato de España con varias baixas importantes por culpas de lesións.

“Actualmente Galicia é a referencia en España dunha disciplina que sempre logra grandes resultados en todas as citas internacionais”, explicou o secretario xeral para o Deporte que fixo fincapé en que “o importante non é soamente os grandes resultados que se están conseguindo actualmente senón que o futuro está garantido polo traballo que se está facendo coa canteira”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.