Comarcas Vigo al minuto

Clases de ‘Illas Atlánticas’ para os alumnos da súa área

ciesA Consellería do Medio Rural promove o programa educativo “Coñece as Illas Atlánticas” que presenta cada ano o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, co obxectivo de que os estudantes coñezan os valores deste espazo e se impliquen na súa protección e conservación.

Ao longo do mes de febreiro, guías do propio parque desprazaranse aos centros públicos e concertados pertencentes aos catro municipios da área de influencia socioeconómica do P.N. Illas Atlánticas (Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira) para levar a cabo unha serie de actividades que acheguen aos alumnos os valores naturais e culturais do Parque.

  • Charla e simulación

Estas accións consistirán nunha charla-proxección, de 45 minutos aproximadamente, onde se analizarán os aspectos e valores máis relevantes do espazo natural protexido e un xogo de simulación onde os alumnos poderán opinar e debater sobre diversos aspectos do Parque Nacional.

Este programa educativo tamén ofrece unha actividade opcional que consiste nun concurso entre tódolos centros participantes que avaliará a comprensión e adquisición de conceptos por parte do alumnado.

  • Avaliación do programa

Ademais do estudo dos traballos presentados ao concurso e os niveis de participación no mesmo, a avaliación por parte dos profesores tamén é unha parte moi importante neste programa educativo para os alumnos en particular e para os propios organizadores en xeral.

Co obxectivo de mellorar na organización e na metodoloxía do programa, os guías entregarán unhas enquisas avaliativas dirixidas a todos aqueles docentes que participen nestas actividades.

También te puede interesar