Destacados Vigo al minuto

Os constructores marcharán ao Casco Vello no mes de marzo

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio do Casco Vello de Vigo, Lucía Molares, mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC), Ángel Fernández Presas, quen lle comunicou a previsión do colectivo de realizar o seu traslado a súa nova sede, que se ubicará no barrio histórico vigués, durante o vindeiro mes de marzo, unha vez conten con todos os permisos correspondentes.

Os empresarios da construción adquiriron o baixo comercial situado no número 16 da rúa Real para instalar alí a súa sede coa finalidade de contribuír á dinamización e ao proceso de rexurdimento da zona antiga da cidade olívica. A compra formalizouse ante notario o pasado mes de decembro e, agora, despois de realizar os traballos de rehabilitación no inmoble propiedade do Consorcio e facerse efectiva a venda, o colectivo xa está en disposición de levar a cabo o traslado para poder comezar ao longo do mes de marzo coa súa actividade diaria.

A responsable do Goberno galego considerou esta nova moi positiva e sinalou que suporá  “o primeiro sinal” do rexurdimento social do Casco Vello de Vigo xa que, ademais da rehabilitación dos inmobles, o que se precisa é unha recuperación integral do barrio, para o cal a instalación de asociacións é primordial. “A ubicación desta asociación no Casco Vello será a primeira dunha cadea de colectivos que se instalarán no barrio”, considerou Molares.

Así, á  adquisición por parte do Concello de Vigo dun inmoble da rúa Chao no que se ubicará o Museo Pacheco, súmase agora a compra do baixo da rúa Real para a sede de APEC, polo que o Consorcio do Casco Vello acaba de ter uns ingresos por valor de 1,5 millóns de euros á falta dun último pago por parte da Administración local. En definitiva, a esta cantidade hai que engadir os 5,2 millóns de euros orzamentados para o ano en curso, co que o organismo local xa conta agora con preto de 7 millóns de euros para continuar coa súa labor de novas rehabilitacións e adquisición de novos inmobles. “A intención é buscar zonas conxuntas para actuar nos espazos que quedan pendentes”, explicou a presidenta do Consorcio.

  • Adxudicación de vivendas

Por último, Molares explicou que no próximo Consello de Administración do Consorcio establecerase a fórmula de adxudicación das primeiras vivendas rehabilitadas coas que xa conta a entidade. “Queremos que a decisión se tome con consenso e de forma unánime”, sinalou a delegada territorial, quen confiou ademais no “éxito” que terá a convocatoria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.