Destacados Vigo al minuto

A Favec pide máis policía para facer fronte aos roubos

Achegar a seguridade aos barrios e parroquias da cidade por medio dunha policía de proximidade “resulta cada vez máis necesario nunha coxuntura de crise”, asegura a Federación de Veciños Eduardo Chao. O movemento veciñal leva anos demandando máis prevención fronte a sanción, sobre todo agora que se da un incremento dos roubos, tráfico de droga nos entornos escolares e vandalismo.

A Favec reclama de novo a reimplantación da policía de proximidade, unha policía que “coñece de preto o barrio ou distrito e que colabora para facer uns barrios máis dinámicos, que xera unha dinámica de coordinación cos servizos sociais do barrio e que fai que as administracións poidan atender mellor necesidades das persoas en situación de risco social.

Dende Federación Veciñal piden explicacións públicas de por qué en grandes cidades como Oviedo, Barcelona ou Castellón, entre outras, sí está implantada a policía de proximidade e en Vigo desapareceu das rúas.

También te puede interesar