Comarcas Destacados

Os veciños da Área Metropolitana elevan as súas demandas ata a Xunta

Co manifesto ‘Por unha mobilidade efectiva na Área Metropolitana de Vigo’ para recuperar o tempo perdido na articulación da mobilidade entre os concellos, a Federación Veciñal Eduardo Chao, as federacións veciñais de Cangas, Moaña e Val Miñor e un total de 33 asociacións veciñais de Vigo, Cangas, Moaña, Porriño, Mos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán e Ponteareas levarán hoxe ata a Xunta as súas demandas para mellorar o desprazamento entre concellos, xa que na área habitan preto de 500.000 persoas e acceden á Vigo case 50.000 coches diarios.

Con esta iniciativa, as federacións queren pedir explicacións de porque existe un convenio de colaboración entre a Xunta e as áreas metropolitanas de A Coruña, Ferrol e Santiago dende o ano 2005 e na área de Vigo non existe, cando isto supón para os vigueses unha perda de 12 millóns de euros en axudas ao transporte público. O movemento veciñal da área de Vigo ve imprescindible que a Xunta promova a sinatura deste acordo e que os concellos da área sexan sensibles a esta necesidade.

Facendo memoria, a Favec lembra que tanto o goberno do concello de Vigo en mans do PP en 2006 como o actual goberno do PSOE-BNG a principios do ano 2009 tiveron oportunidade de sinatura do citado convenio e non chegaron a acordo cos respectivos gobernos da Xunta nese momento. Isto supón, por exemplo, que un desprazamento en transporte público na área de Vigo custa case 2 euros, cando podería facerse por 71 céntimos.

E esta mañá, en Santiago, os veciños manterán unha entrevista co Conselleiro de Medioambiente e Infraestructuras para pedirlle que o convenio quede asinado no primeiro trimestre de 2010 e que inclúa tanto ao transporte público por estrada como ao transporte de ría; a implantación do Consorcio Metropolitano de Galicia en Vigo para coordinar horarios, traxectos e intereses das concesionarias e crear un servizo de axuda á explotación común; pedir orzamentos, previsións e prazos para o desenvolvemento do Plan Move de Infraestructuras e o Plan Galicia de Transporte Metropolitano; e a creación dunha mesa sectorial de mobilidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.