RGPD - Cookies

casa-madera2O cluster da Madeira de Galicia presentou hoxe en Vigo ,Madera Viva, unha iniciativa pioneira en Galicia que presenta unha vivenda singular de 40 m2 construida íntegramente en madeira, na que o visitante pode coñecer as posibilidades constructivas da madeira: piares, paneis, solos, mobles , ate as tendencias más vanguardistas inmobiliario de cociña, salón, dormitorios ou baños.

Este tipo de construcción, que pode coñecerse ate o día 6 no Centro Comercial Travesía, está sendo empregada xa por máis de 1.200 familias da provincia, segundo indicou o vicepresidente doo clúster Jesús Rodríguez, quen salientou a durabilidade deste material, o potencial que ten para ofrecer solucións novas “ademásis de ser reciclable, natural e renovable” e feito de que, na súa totalidade. as materias primas e man de obra son galegas.

A madeira é a única materia prima que ten a capacidade de reducir as emisións de CO2. Os bosques fixan dióxido de carbono , os productos de madeira o reteñen e oseu reciclado permite alongar ese proceso. Dexeito estimado, un incremento dun 4% anual no consumo de madeira en España permitiría reducir 1,3millóns de toneladas de emisión de CO2 ao ano.

A madeira ten propiedades saudables. É un excelente illante acústico e térmico, o que favorece a creación de entornos máis confortables e saudables. Prevén alerxias, amortece golpes e non transmite as ondas electromagnéticas.

Como illante térmico a madeira regula a humidade manténdoa entre un 40% e un 60%. Neste senso e comparando con outros materiais, a madeira proporciona un illamento térmico 1.770 veces mellor co aluminio e 400 veces mellor co aceiro.

Galicia é a novena potencia forestal europea. A industria da madeira galega representa o 3,5% do PIB da comunidade. O sector emprega a 26.000 persoas de xeito directo e preto de 50.000 indirectas.Na metade das comarcas galegas, a industria da madeira está entre as tres primeiras actividades industriais por xeración de emprego.

También te puede interesar