Deportes Destacados

Unha mosense de 77 anos gaña 3 medallas de ouro no Campionato Galego de Natación Master

O Clube de Natación Mos colleitou un total de 31 medallas no Campionato Galego de Natación Master. Once destes 31 metais foron de ouro, 14 de prata e 6 de bronce.

 Ademais, Celia Iglesias Blanco, de 77 anos, recibiu o trofeo á nadadora de maior idade do Campionato. Sen embargo, os títulos acadados por esta nadadora no Campionato Galego non só foron honoríficos, senón que conseguiu 3 medallas de ouro en 50 metros libres, 100 metros libres e 50 metros espalda; e unha de prata no relevo de 4×50 metros libres.

 O concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez, declarou hoxe neste sentido sentirse “orgulloso tanto de Celia Iglesias como do resto de nadadores do noso Clube que lograron traer para Mos un total de 31 medallas”. Méndez gabou especialmente á deportista de 77 anos “por ser un exemplo de traballo e superación para tódolos veciños e veciñas de calqueira idade, tanto novos como maiores”, dixo; e concluiu afirmando que “é marabilloso ser edil desta concellería nun municipio con tantos campións”.

También te puede interesar