Cultura Destacados

Os Bolechas promocionan Vigo

Os Bolechas veñen de viaxe a Vigo e farán un libro para que quede constancia delo. Deste xeito e cun puzzle das illas Cíes, a concellería de Turismo quere promocionar a cidade, darlla a coñecer aos máis pequechos e ‘formalos’ como os mellores promotores turísticos de Vigo. Xa se editaron 3.000 exemplares deste libro e 1.000 dos puzzles que serán repartidos entre os nenos da cidade e os que visiten Vigo e que poderán ser reeditados noutros idiomas.

Este libro fai o número 40 da serie ‘Os Bolechas van de viaxe’ e da a coñecer varios puntos de Vigo en forma de roteiro. Nesta ocasión os irmáns visitan a cidade por mor do aniversario dunha amiga, dado lugar a unha aventura que trata de ser divertida. Non é a primeira vez que Os Bolechas visitan Vigo, xa que anteriormente tiveron ocasión de facelo coa celebración da Reconquista.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.