Galicia

Novo informe desfavorable para o decreto do plurilingüismo

Un trastorno serio para o sistema educativo e unha fonte de conflictividade. Así define o Consello da Cultura Galega a proposta de bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo nun informe elaborado pola Comisión Executiva desta entidade que volve a situar o novo decreto nun horizonte diferente á lexislación básica.

O coordinador do informe, Henrique Monteagudo, pedíu á Xunta que a normativa continúe a liña do Plan Xeral de Normalización Lingüística, que mantén un mínimo do 50 por cento das materias en galego, e que respete o principio de progresividade da presencia do galego no sistema educativo, como estaba a facerse ata o de agora, sen adoptar decisións unilaterais.

O Consello da Cultura Galega optaría por manter a oferta educativa en galego no primeiro ciclo de educación infantil (0-3 años) ou de que continúe como lingua predominante entre os 3 a 6 años, así como por non introducir unha lingua estranxeira como vehicular nun tercio do horario lectivo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.