_agenda Agenda

O feminismo galego, en 25 metros

A mostra recolle máis de dous séculos de loita.
A mostra recolle máis de dous séculos de loita.

Século XIX. Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán son pioneiras na reivindicación do acceso das mulleres á educación e Rosalía de Castro racha en vida e obra con arquetipo de muller romántica. Así comeza a exposición ‘Feminismo galego: cambios sociais e dereitos da muller’, organizada por Fundación Galiza Sempre e que recolle material co que se da testemuño dos obxectivos e demandas do movemento feminista. Con textos, publicacións, noticias e documentación gráfica, a mostra pretende contribuir a impulsar na sociedade galega a reflexión sobre os avances e cambios sociais promovidos polas entidades e organizacións defensoras da igualdade de dereitos das mulleres.

A exposición, que poderá verse desde esta tarde (20 horas) na Casa das Mulleres, coloca 25 m de paneis e expositores que repasan o avance de sufraxismo, a II República, a ditadura franquista, as agrupacións feministas galegas dos anos 70 e 80 ou o estado actual da loita feminista e repártese de balde un xornal que resume os principais contidos.

O guión e os traballos de investigación e documentación foron realizados pola investigadora Isabel Rodríguez Mate e recóllense fondos documentais de Nanina Santos Castroviejo, da revista Andaina de pensamento feminista, da Fundación 10 de Marzo, do Museo do Pobo Galego, e dos museos de Pontevedra e Massó. Ata o 5 de marzo poderás ver esta mostra que xa percorreu concellos como Santiago, A Coruña, O Porriño, Allariz ou Tomiño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.